• A medida afecta ás clases de inglés, ás de teatro e ás de arte creativa

  • Na Escola Municipal de Música suspéndense as clases colectivas

  • Tómase a decisión polo incremento das restricións e o empeoramento da situación pola covid-19

 

O Concello de Rois decidiu cancelar todas as actividades educativas e culturais promovidas polo propio concello para contribuír, deste xeito, a loita contra á covid-19, e por causa das novas restricións aprobadas pola Xunta  que entrarán en vigor esta medianoite.

A medida adoptada polo Concello de Rois afecta ás clases de inglés, ás de teatro e ás de arte creativa que impartía Camilo Seira, que quedan suspendidas dende hoxe mesmo. Tamén se cancelas todas as clases colectivas da Escola Municipal de Música (música en movemento, linguaxe musical, harmonía e creación musical, e grupo instrumental/combo). As clases individuais da Escola de Música séguense impartindo nos horarios habituais. A intención do equipo de goberno é recuperar estas actividades en canto mellore a situación sanitaria provocada polo coronavirus.

Dende o Concello piden comprensión ás familias e persoas afectadas. “Nestes momentos tan complicados, e coa incidencia acumulada pola covid-19 medrando a diario, entendemos que suspender estas actividades, nas que participan moitas persoas, sobre todo menores de idade, é unha medida prudente para contribuír a erradicar esta pandemia”, sinala a concelleira de Cultura, Victoria Quiroga.