O Concello de Rois decidiu este sábado suspender á visita dos Reis Magos polas parroquias do municipio debido as previsións de mal tempo para mañá, domingo, día 5.
Aínda que non visitarán as diferentes parroquias, Melchor, Gaspar e Baltasar sí que recibirán a todos os nenos e nenas que queiran falar con eles no polideportivo dos Dices (Rois) a partir das 19.00 horas.
A cativada poderá falar coas Súas Maxestades e entregarlle as súas cartas antes da noite máis máxica do ano. As portas do pavillón abriranse ás 18.30 horas e os Reis Magos chegarán sobre as sete da tarde.
Ademais, menores e maiores poderán gozar cos xogos, talleres, regaliños e chocolate e churros que estaban previstos no pavillón.
O Concello agradece a colaboración e implicación das asociacións veciñais e comisións de festas, que tiñan preparadas merendas e xogos para celebrar o pase da comitiva real polas parroquias. Estas actividades tamén se suspenden pola previsión de mal tempo.