O Concello de Rois camiña cara a “nova normalidade”, mais con sentidiño. Dende mañá, 18 de xuño, retómase a atención presencial.

Para acudir ás oficinas cómpre pedir cita previa e seguir as recomendacións hixiénico-sanitarias que se sinalan tanto na entrada coma no interior das dependencias municipais. 

É obrigatorio o emprego de máscaras, a utilización de hidroxel e manter a distancia de seguridade. Para axudar a isto, colocáronse adhesivos por todo o consistorio, así como sinais que indican a dirección de entrada e de saída. 

Polo ben de todos e de todas, máis ca nunca, temos que ser responsables. Grazas pola vosa colaboración.