A sede da Asociación de Mulleres Rurais de Urdilde foi escenario da homenaxe que dende o Concello se lle rendeu ao motociclista local Xurxo Neo en recoñecemento á estupenda temporada deportiva que vén de rematar e na que se fixo co título de subcampión de España de trial en categoría cadete 125 cc. O piloto, que milita nas filas do equipo Gas Gas, suma este subcampionato aos campionatos nacionais en xuvenís B e A nos dous anos anteriores.