A Corporación de Rois aprobou esta mañá adxudicarlle á empresa Aluminios Cortizo a concesión demanial da área de aparcamento municipal situada no ámbito de proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación de Aluminios Cortizo. A proposta saíu adiante cos votos a favor do PP (7), a abstención do PSdeG (3) e o voto en contra do BNG (1). 

A única proposta presentada foi a de Aluminios Cortizo, que aboará ao Concello 60.000 euros pola concesión desta parcela que está pegada á fábrica e que se destina a aparcamento.