Cartel actividades municpais en Rois

O Concello de Rois fai públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas nas actividades municipais para o curso 2022-23.
Establécese un prazo de reclamacións e de segunda matrícula que abrangue do 26 ao 28 de setembro.
Cómpre subliñar que a segunda matrícula establécese para todas aquelas persoas que se anotaron en actividades que non se van a desenvolver, por non acadar un grupo mínimo de participantes, de xeito que poderán inscribirse noutras das actividades ofertadas. Así mesmo, as persoas que desexen anotarse, aínda están a tempo de facelo no período de segunda matrícula.
As clases comezarán o luns 3 de outubro.
A relación provisional de persoas admitidas nas actividades municipais, así como os horarios e os grupos poden consultarse no documento adxunto.