Unha comitiva de 25 personas, formadas por alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Rois (15) e do Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima (10) partirán esta xoves cara Hungría para participar no segundo intercambio internacional que promove o Concello de Rois dende que asinara o irmandamento con pobos doutros tres paíeses europeos en novembro de 2017.  Durante cinco días, os participantes no intercambio poderán coñecer a música, as costumes e as principais institucións de Pasztó, unha localidade duns dez mil habitantes situada a oitenta quilómetros ao norte de Budakest, a capital de Hungría.

Os membros da comitiva roisense culminan hoxe os ensaios do concerto que ofrecerán o domingo en Pasztó, despois do concerto que ofreceron o pasado venres no auditorio municipal de Rois no que interpretaron o mesmo repertorio que van tocar en Hungría. ‘Quen puidera namorala’ e ‘Lela’ son dous dos temas elixidos pola Escola Municipal de Música de Rois, mentres que Chorima inclúe ‘Eicho de dar’ ou o ‘Pasodoble de Mallou’ entre as pezas que van interpretar.

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, recorda  a importancia deste intercambio, que axudará “aos mozos e mozas a formarse cultural e musicalmente, ademais de coñecer outras realidades”. O Concello de Rois financia a viaxe de toda a comitiva, e as autoridades de Pasztó encárganse do aloxamento e de organizar as visitas para coñecer un pouco mellor a realidade de Hungría. “É moi importante apostar polo irmandamento con Europa”, díxolle o alcalde os integrantes da delegación, aos que calificou “como os embaixadores de Rois en Europa”.

En novembro de 2017, Rois firmou protocolos de irmandamento con concellos de outros tres países europeos: Pasztó (Hungría), Kalonda (Eslovaquia) e da unión de municipios dos distritos de Naxos e Taormina (Italia).

Froito desta iniciativa, o ano pasado produciuse o primeiro intercambio cultura e musical, no que membros da Escola Municipal de Música e de Chorima estiveron en Venecia unha semanae, en setembro, foi o alumnado e profesorado da Escola Comprensiva Franca Ongaro e o Liceo Musical de Venecia os que visitaron Rois.Esta iniciativa amplíase agora con este novo intercambio en Hungría coa localidade de Pasztó.