10 de outubro de 2024

Fanse públicas as puntuacións definitivas das persoas candidatas á praza de docente do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria 2024.

As puntuacións poden consultarse nos arquivos adxuntos.

10 de outubro de 2024

Fanse públicas as puntuacións definitivas das persoas candidatas a formar parte do alumnado do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria 2024.

As puntuacións poden consultarse nos arquivos adxuntos.

8 de outubro de 2024

Fanse públicas as puntuacións provisionais das persoas candidatas á praza de docente do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria 2024.

As puntuacións poden consultarse nos arquivos adxuntos.

7 de outubro de 2024

Fanse públicas as puntuacións das entrevistas ás persoas candidatas á praza de docente do obradoiro emprego Xuventude Terras de Iria 2024.

As puntuacións poden consultarse nos arquivos adxuntos.

4 de outubro de 2024

Publícase a resolución da alcaldía coa convocatoria da entrevista das persoas candidatas á praza de docente do obradoiro emprego Xuventude Terras de Iria 2024. As persoas da listaxe quedan citadas o vindeiro luns, 7 de outubro, ás 13.00 horas no salón de sesións do Concello de Rois.

A resolución pode consultarse nos arquivos adxuntos.

3 de outubro de 2024

Fanse públicas as puntuacións provisionais das persoas candidatas a formar parte do alumnado do obradoiro de garantía xuvenil Terras de Iria 2024.

As puntuacións pódense consultar nos arquivos adxuntos.

3 de outubro de 2024

Fanse públicas as puntuacións obtidas na entrevista polas persoas candidatas a formar parte do alumnado do obradoiro de garantía xuvenil Terras de Iria 2024.

As puntuacións pódense consultar nos arquivos adxuntos.

27 de setembro de 2024

Faise pública a listaxe de persoas preseleccionadas como alumnado para a realización do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria 2024. Ademais, convócase á entrevista ás persoas admitidas para o vindeiro 30 de setembro de 2024 no salón de sesións do concello de Rois.

Os documentos pódense consultar nos arquivos adxuntos.

20 de setembro de 2024

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de comunicarlle ao Concello de Rois a resolución de concesión do programa de emprego mixto Xuventude Terras de Iria 2024, promovido en convenio cos concellos de Dodro e Padrón. Esta iniciativa está dirixida a mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

O obradoiro, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, terá como especialidade o tratamento e maquetación de elementos gráficos en impresión.

As actuacións que se realizarán serán a creación de catálogos de imaxes e fotoimaxes; realización de infografías; realización de maquetación editorial; e realización dunha imaxe corporativa dos concellos participantes e material promocional.

A duración do programa será de 12 meses e formará 15 alumnos e alumnas traballadores que serán contratados mediante a modalidade de contrato para a formación en alternancia.

O persoal que se contratará será un director/a (xornada completa); un mestre de tratamento e maquetación de elementos gráficos en impresión (xornada completa); un administrativo/a a media xornada; e un titor/a a media xornada.

Nos documentos adxuntos figuran a resolución da alcaldía e as bases para a selección do alumnado traballador e persoal directivo, docente e administrativo de apoio para o programa.