Cartel do obradoiro de emprego Concello de Dodro

O Concello de Rois, en colaboración cos concellos de Dodro, Padrón, Valga, Catoira e Pontecesures, participa no Programa Integrado de Emprego do Concello de Dodro 2024/2025, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal. Este programa, destinado a mellorar as oportunidades de empregabilidade na nosa comarca, contará con 100 prazas para persoas desempregadas dos concellos participantes.

Este proxecto de inserción laboral ofrece un amplo abano de actuacións para os beneficiarios, como información e asesoramento laboral personalizado, formación en sectores clave como a industria alimentaria, a fabricación mecánica, o téxtil, administración e xestión, o comercio, a hostalería, o turismo, os servizos á comunidade sociosanitarios e a imaxe e son. Os obradoiros tamén inclúen obradoiros de coaching e intelixencia emocional, desenvolvemento de habilidades sociais, entrevistas laborais e prácticas non laborais, así como accións de fomento ao autoemprego e colaboración con empresas da zona.

O programa ten un obxectivo de inserción do 37% dos participantes, apostando por mellorar a súa empregabilidade a través dunha formación integral. Ademais, as persoas que participen recibirán unha bolsa diaria de 10 euros para facilitar a súa asistencia ás accións formativas, facilitando a conciliación coa vida familiar.

Este programa está dirixido a persoas en situación de desemprego que pertenzan a colectivos vulnerables, como persoas con discapacidade, menores de 30 anos, maiores de 45 anos, mulleres desempregadas e persoas de longa duración sen emprego. Deberán figurar de alta como demandantes nas Oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.

O Concello de Rois anima a todas as persoas interesadas a informarse e solicitar a súa participación, xa que este programa representa unha oportunidade importante para mellorar as opcións de emprego na comarca. A inscrición pódese realizar a través do Departamento de Emprego do Concello de Dodro, ou ben contactando nos teléfonos 981 802 062 e 669 949 973/676 829 521.