FSE CONSELLERIA GALICIA

O Concello de Rois e o Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil Xuventude en Acción de Dodro, Padrón e Rois organizan una visita guiada polos diferentes pazos da comarca do Sar para o vindeiro luns 18 de febreiro. A excursión visitará os pazos do Faramello, Arretén, Lestrove e de Antequeira, ademais da igrexa de Padrón e o convento do Carme.

A ruta farase en autobús, o cal sairá do Multiúsos de Rois ás 9:30 horas da mañá. En cada parada do percorrido levarase a cabo unha visita guiada na que o alumnado do curso de turismo explicará cada localización. As persoas interesadas deberán anotarse de forma gratuíta chamando ao teléfono 981 816 061 e preguntando polo Obradoiro de Emprego. A reserva de prazas farase por rigorosa orde de inscrición.

Esta actividade que durará aproximadamente 3 horas, é unha boa ocasión para coñecer algúns dos Pazos da comarca.

No Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil Xuventude en Acción de Dodro, Padrón e Rois, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Fondo Social Europeo, estanse a formar 10 mozas e mozos menores de 30 anos en Información e Guía Turístico Local, o que lles permitirá obter o certificado de profesionalidade de nivel 3. Esta ruta polos pazos da comarca serviralles de práctica da súa formación.