O Concello de Rois acaba de abrir o prazo de inscrición para que 90 veciños e veciñas maiores de 65 anos poidan coñecer As Palmas de Gran Canaria durante oito días por un prezo de 300 euros. Nesta viaxe tamén poderán participar aquelas persoas empadroadas en Rois que teñan cumpridos 55 anos e sexan pensionistas de xubilación, invalidez ou viuvez.

Os interesados deberán aboar 300 euros na conta que o Concello ten en Abanca de Rois (es87 2080 0328 9831 1000 0033) entre o luns, día 11, e o venres 22 de marzo. Unha vez feito o ingreso deberán acudir ao Departamento de Servizos Sociais do concello (de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas) para formalizar a inscrición, levando o DNI, tarxeta sanitaria e o xustificante do ingreso bancario.

Tamén poden anotarse na oficina municipal de Urdilde os martes e xoves de 09.00 a 11.00 horas. En ningún caso se anotará ninguén por teléfono. A inscrición debe facerse presencialmente.

Todos os que desexen participar nesta viaxe teñen que estar empadroados en Rois. O número de prazas está limitado a 90.

A viaxe celebrarase en datas comprendidas entre o 25 de abril e o 8 de maio.

Pódese consultar o bando a alcaldía no documeto adxunto.