O Concello de Rois foi beneficiario dunha subvención para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no marco da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e cofinanciada pola Unión Europea mediante o Programa FSE+ Galicia 2021-2027, correspondente á convocatoria do ano 2025.
Esta iniciativa ten como obxectivo principal mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción laboral e profesional da mocidade, ofrecéndolle unha primeira experiencia de traballo no ámbito da administración pública local.
Ao abeiro desta axuda, o Concello de Rois procedeu á contratación dunha persoa moza, que se incorpora este mes de decembro ás oficinas erais do Concello. O contrato terá unha duración de nove meses.
Con esta actuación, o Concello de Rois reafirma o seu compromiso co fomento do emprego xuvenil e co desenvolvemento de políticas activas que favorezan a formación práctica e a adquisición de experiencia laboral das persoas mozas do municipio.
















