O alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, achegouse ata a parroquia de Urdilde para felicitar persoalmente a Josefina Lago Rey, veciña de Macedos que vén de cumprir nada menos que 102 anos.
Acompañada pola súa filla Chelo, que coida dela con agarimo e dedicación, e do seu xenro Manuel dos Santos, Josefina recibiu por parte do Concello un ramo de flores, unha felicitación personalizada e unha medalla conmemorativa que suma á colección de lembranzas dunha vida longa e chea de experiencias.
Josefina dedicou toda a súa vida a traballar no campo e a coidar da casa e da familia. Ata os 94 anos seguía cociñando. O segredo da súa lonxevidade? Ela mesma recoñecía, cando cumpriu os 100, que é “levarse ben con todo o mundo”.
Desde o Concello de Rois queremos agradecerlle a Josefina o exemplo de vida que representa e desexarlle moita saúde e felicidade neste novo ano de vida.