O Concello de Rois colaborou coa ANPA Urcael Urdilde, do CEIP Pumar, no desenvolvemento do Programa lúdico II de igualdade para familias que vén de rematar.

Dende o 23 ata o 28 de outubro, a Asociación de Nais e Pais do Colexio de Urdilde organizou unha serie de obradoiros de Música, baile e radio en igualdade dirixidos a todo o alumnado e as súas familias. O obxectivo era sensibilizar a comunidade educativa en material de igualdade.Esta actividade estivo subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade.