O Concello de Rois celebra este Día do Libro 2021 coa difusión dun vídeo na que escolares roisenses convidan a toda a veciñanza a gozar do pracer da lectura.
No audiovisual, publicado na canle de Youtube e na páxina de Facebook do Concello de Rois, nenas e nenos recordan que os libros permiten compartir coñecemento, proporcionánnos entretemento, fannos viaxar no tempo e no espazo e, en suma, dannos ás para soñar e fannos libres.
“Porque cun libro, non hai mente que poida ser confinada”, conclúe o vídeo, realizado pola produtora compostelá Xurdir. O audiovisual remata cunha fermosa imaxe dos escolares reunidos nas escaleiras da igrexa de San Mamede.