-
A presentación de ‘Rosalía de Castro: obra poética e manuscritos’ e unha degustación de Caldo de Gloria completan o programa
-
Os actos conmemorativos celébranse o venres 28 de febreiro ás 19.00 horas no auditorio municipal
O Concello de Rois celebra o Día de Rosalía coa inauguración dun mural vexetal realizado polo artista Camilo Seira, a presentación dunha publicación sobre a autora e a súa obra e a degustación dun Caldo de Gloria. Os actos conmemorativos terán lugar o vindeiro venres, 28 de febreiro, ás 19.00 horas no auditorio municipal.
‘Rosalía sempre viva’ é o título do mural vexetal realizado polo escultor roisense Camilo Seira, que se inaugura este venres. A seguir, presentarase a publicación Rosalía de Castro: obra poética e manuscritos, coas intervencións de Henrique Monteaguro, editor dos textos; Manuel Mariño Currás, director da editorial; e Ramón Tojo Lens, alcalde de Rois.
Ao remate do acto servirase un caldo de Gloria e agasallarase ás persoas asistentes cunha cunca de barro como lembranza desta xornada de homenaxe á escritora no 183 aniversario do seu nacemento