10-8-2026
Publícase a puntuación dos méritos e da entrevista das persoas presentadas á segunda convocatoria para a contratación dun/dunha condutor/a de motobomba.
Así mesmo, convócase ás persoas aspirantes admitidas para o recoñecemento médico e probas físicas o día 17 de agosto ás 11.00 horas nas instalacións de Mas Prevención situadas no polígono de Costa Vella, en Santiago de Compostela.
A resolución pódese consultar no arquivo adxunto.
7-8-2026
Faise pública a resolución definitiva coa listaxe de aspirantes admitidos/as na segunda convocatoria para a contratación dun/dunha condutor/a de motobomba.
Así mesmo, a entrevista queda fixada para o 10 de agosto de 2026 no salón de sesións do Concello.
O decreto, que pode consultarse nos arquivos adxuntos, inclúe tamén a composición do tribunal cualificador deste proceso selectivo.
24-7–2026
O Concello de Rois vén de aprobar unha segunda convocatoria pública para a contratación temporal dun condutor ou condutora de motobomba, co obxectivo de reforzar o dispositivo municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais. A contratación enmárcase no convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para as campañas 2025-2026, cofinanciado polo FEADER no marco do PEPAC 2023-2027.
O posto terá unha duración de tres meses, baixo a modalidade de contrato por circunstancias da produción.
As persoas interesadas deberán contar, entre outros requisitos, co permiso de condución C1 e coa titulación mínima de certificado de escolaridade, estudos primarios, ESO, EXB ou equivalente. O prazo para presentar as solicitudes será de tres días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio no taboleiro electrónico do Concello.
O proceso selectivo desenvolverase mediante concurso de méritos, entrevista persoal e, para as persoas con maior puntuación, unha proba física e un recoñecemento médico, ambos de carácter eliminatorio. Valoraranse especialmente a experiencia en tarefas de prevención e extinción de incendios, a formación relacionada co posto, o tempo en situación de desemprego e outros permisos de condución.
O decreto da alcaldía e as bases da convocatoria poden consultarse nos arquivos adxuntos.
















