17 de xuño de 2019

O Concello de Rois fai público hoxe o listado definitivo de nenos e nenas a dmitidas no programa de conciliación Diververán 2019, que se pode consultar no documento adxunto.

 

7 de xuño de 2019

O Concello de Rois fai público hoxe o listado de nenos e nenas a dmitidas no programa de conciliación Diververán 2019, que se pode consultar no documento adxunto.

Para confirmar a praza hai que facer o pagamento antes do día 14 de xuño nun dos números de conta que se indican a continuación:

Abanca: ES87 2080  0328  9831  1000  0033
Banco Popular (Pastor): ES78  0328  8229  7006  6000 0271
 
É preciso indicar no axunto o nome e apelidos do/a neno/a + Diververán 2019.
O xustificante de pagamento deberá remitirse antes do 20 de xuño ao Concello de Rois, ao edificio miltiúsos de Rois ou á oficina municipal de Urdilde.
 
A lista definitiva de participante publicarase o luns 17 de xuño. Unha vez publicada a lista definitiva, enviaremos ás familias o resto de documentación que é preciso formalizar para completar a inscrición no programa.
 
 

Convocatoria. 29 de maio de 2019

O Concello de Rois abre hoxe o prazo de inscrición no programa de conciliación familiar “Diververán 2019”, que encadra actividades lúdicas para a cativada entre os días 1 e o 30 de xullo, divididos en dúas quendas. Este programa está dirixido aos nenos e nenas nacidos entre os anos 2003 e 2016 e ofrece servizo de almorzo e transporte. O prazo para anotarse remata o 5 de xuño.

Rois organiza un ano máis o “Diververán”, un programa de conciliación familiar que organiza actividades lúdicas para os nenos e nenas nacidos do concello nacidos entre os anos 2003 e 2016. Os interesados poderán escoller entre unha, ou dúas quendas durante o mes de xullo, repartidas entre os días 1 e 12 e o 15 e 26 do mesmo mes. As actividades das dúas primeiras semanas organizaranse en Rois, mentres que as das últimas serán en Urdilde, aínda que tamén se realizarán algunhas visitas a fóra do municipio. Os nenos e nenas censadas no Concello contarán con preferencia de admisión.

O “Diververán 2019” conta cun horario comprendido entre as 7.30 e as 14.30 horas, e ofrece a opción de solicitar os servizos de almorzo e transporte. O prezo básico de cada quenda será de 50€, mais o custo final variará dependendo dos servizos solicitados e dos descontos que se podan aplicar en base á situación doméstica de cada familia. A festa de clausura desta edición celebrarase cunha acampada no Galipark entre os días 29 e 30 de xullo, que terá un precio de 60€.

Os interesados deberán cubrir a folla de inscrición que se atopa a continuación e entregala na Casa do Concello de Rois entre os días 29 de maio e 5 de xuño. Xunto con ela atópase o programa completo das actividades, horarios e prezos de cada servizo. A listaxe provisional de admitidos publicarase na misma páxina web o día 7 de xuño en o taboleiro do Concello. Os pagamentos realizaranse ata o 14 de xuño e a listaxe definitiva publicarase o 17 de xuño.