O Concello de Rois colabora un ano máis coa Asociación Colectivo Remonte na organización da Andaina Bisbarra do Sar, que este ano chega a súa duodécima edición e que forma parte das probas oficiais da Copa Galega de Andainas de 50 Km.
A proba celebrarase o vindeiro 6 de abril e conta con un máximo de 600 prazas, das que xa están cubertas preto de catrocentas. As persoas interesadas en participar deberán anotarse na web www.andainabisbarradosar.com. A inscrición pecharase o día 1 de abril ás 23.59 horas ou no momento de completarse as prazas dispoñibles, segundo figura nas bases da proba que se poden consultar na web da inscrición.
A organización establece un tempo máximo de 12 horas para facer a proba camiñando, reservando para esta modalidade 400 prazas. Aquelas persoas que desexen facer os 50 km correndo disporán dun tempo máximo de 6:30 horas e cen prazas para anotarse.
A Asociación Colectivo Remonte conta coa colaboración dos concellos de Rois e Padrón para organizar esta proba, e tamén coa axuda de Protección Civil Terras de Iria, Federación Galega de Montañismo, entre outros.