O Concello de Rois decidiu aprazar a ruta guiada polo sendeiro das Penicias para o domingo 3 de outubro.A decisión tomouse polas previsións meteorolóxicas, que anuncian choivas para este domingo, polo que a caminada adíase unha semana, para o 3 de outubro, á mesma hora.

As 25 prazas dispoñibles para facer a Ruta das Penicias guiados polo técnico de turismo de Rois esgotáronse en poucas horas. Como había varias persoas en lista de agarda, dende o Concello decidiuse organizar unha segunda ruta coas persoas que estaban en agarda para o 3 de outubro. Esta visita vaise retrasar tamén unha semana, para o domingo 10 de outubro