Reunido o luns 20 de maio o tribunal do Certame Artístico e Literario. Relato breve e poesía, constituído por Inmaculada Seage Freire, Lois Gil Magariños e Iolanda Eiras Moreiras, resolven os seguintes premios por categorías:
MODALIDADE NARRATIVA
Categoría ata 6 anos: Lourenzo Somoza Singh polo traballo “O meu can Rufo”
Categoría 9-11 anos. 1º premio a Lois Carnota Maquieira polo traballo “Rois queda sen balados” e 2º premio a Breixo Rey Lorenzo polo traballo “Ingleses en Sorribas”.
Categoría 15-17 aos: Antía Feáns Casal polo traballo “Ou estrela ou estrelada”
Categoría 18 ou máis anos: 1º premio a Marcos Dios Almeida polo traballo “O tardo e o cruceiro” e 2º premio a María Dolores Frieiro Lustres polo traballo “O Manoliño”.
MODALIDADE POESÍA
Categoría 9-11 anos: 1º premio a Cristina Aboy Espasandín polo traballo “Cerquiña do río Sar” e 2º premio a Ana Isabel Salvado Miguéns polo traballo “O Concello de Rois é moi particular”.
Categoría 12-14 anos: Carmen Vidal Bustelo polo traballo “O meu fogar”.
Categoría 18 ou máis anos: 1º premio a Bárbara Bustelo Blanco polo traballo “Viaxe da alma” e 2º premio a Margarita Bustelo Ferreirós polo traballo “Repenican, repenican!”.
MODALIDADE DEBUXO
1º premio a Amelia Miguéns Castro polo traballo “O punto máis importante”, 2º premio a Xiao Miguéns Castro polo traballo “O mundo de trazados” e Accésit a Marcos Iglesias Gómez polo traballo “O meu concello”.
Convócanse a todas as persoas gañadores e participantes, ao acto público que imos ter o venres 24 de maio ás 18.00h no auditorio municipal, acto encadrado no programa “Rois no Camiño das Letras Galegas”.