Alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Rois convidan a toda a veciñanza a asistir aos dous concertos de solistas que ofrecerán nesta próxima fin de semana.
Nestes recitais, teremos a oportunidade de escoitar ao alumnado de xeito individual cos instrumentos que están aprendendo a tocar. O sábado 24 de febreiro tocaralle a quenda aos intérpretes de vento madeira, vento metal, percusión e piano, mentres que o domingo 25 poderemos escoitar pezas con corda fretada, corda punteada, piano e canto.
Ámbolos concertos, con entrada libre, desenvolveranse no auditorio municipal de Rois a partir das seis da tarde.