A Escola Municipal de Música (ESMU) de Rois continúa cos concertos de final de curso para amosar a evolución do alumnado durante os últimos meses, no que moitas das clases celebráronse de xeito telemático debido a pandemia da covid-19. Hoxe, unha vintena de alumnos e alumnas, dos máis de oitenta que acoden a escola de música, ofrécennos o Concerto do Día das Letras Galegas.

Este vídeo comeza coa actuación da pianista Sara Ferreiro, que interpreta ‘Happy Cowboy’ e remata coa tamén alumna de piano Paula Abaña Pérez interpretando ‘Happy Sol’. Esta actuación forma parte do tradicional concerto de solistas cos que a ESMU de Rois remata cada curso escolar. Como non se puido celebrar presencialmente o Concello de Rois e o equipo directivo da ESMU decidiron organizar concertos telemáticos como un incentivo máis para o alumnado da Escola de Música. O primeiro foi o Santo Isidro do pasado sábado, e ao de hoxe seguirá algún máis ata que remate as clases.

Durante os case 17 minutos que dura o Concerto das Letras Galegas interveñen, por orde de aparición:

  • Sara Ferreiro
  • Gema Figueira Vidal
  • Héctor Vázquez
  • Leire Iglesias Suárez
  • Lourenzo Somoza Singh
  • Noelia Gómez Carlés
  • Lucía Casal
  • Sabina Gutiérrez Cortizo
  • Roi Estévez
  • Iago Abeijón Lorenzo
  • Sabela Heleno
  • Uxía Pérez
  • Celia Insua
  • Uxía Ríos
  • Xiana Ríos
  • Xulia Cristobo Zúñiga
  • Zaira Leite Reboiras
  • Celtia Insua Carregal
  • Iara Rodríguez Osorio
  • Paula Abaña Pérez