A postal deseñada polo alumnado da aula de cinco anos do CPI dos Dices converteuse na postal institucional coa que o Concello de Rois vai felicitar o Nadal a todos os veciños e veciñas do municipio. Unha representación da aula recolleu a última hora de hoxe o premio como gañadores na categoría do segundo ciclo de Educación Infantil, durante a entrega de diplomas aos nenos e nenas que participaron neste primeiro concurso organizado polo Concello.

O alcalde, Ramón Tojo, entregoulles un diploma acreditativo a cada un dos participantes, así como un agasallo ás nenas e nenos gañadores en cada unha das categorías que foron, ademais do alumnado da aula de cinco anos dos Dices, Brais Ínsua Carregal (na categoría de 1º a 3º de Educación Infantil); Iria González Ínsua (1º e 2º de Primaria); Sabela Becerra Vaamonde (3º e 4º de Primaria) e Sergio Otero Sanmartín (5º e 6º de Primaria).

As postais que participaron no concurso pódense ver durante este Nadal na exposición montada no edificio Multiúsos.

Antes de proceder a entrega de diplomas e premios, Teatro Babalúa presentoulles aos asistentes o seu espectáculo ‘Tita’, no que uns monicreques faláronlle da intelixencia emocional a nenos e maiores.

A Apalpadora visitou os colexio

E un día antes de que o alumnado empezase as vacacións de Nadal a Apalpadora visitou os centros dos Dices e de Urdilde. Alí lles estivo cantando e falando a nenos e nenas sobre a importancia desta figura na tradicional galega. Moitos deles aproveitaron a visita para entregarlles as súas cartas, cheas de peticións para estas datas.

Podes ver as fotos no facebook do Concello de Rois, nos seguintes enlaces: Album entrega premios das postais. Album do Teatro. Album da Apalpadora

20181221 ALI9464