Os concellos de Rois, Dodro e Padrón realizarán un novo Programa Integrado de Emprego. O Terras de Iria V terá como obxectivo a mellora da empregabilidade de 100 participantes.
Agárdase repetir o éxito acadado no programa deste ano, do que hai 43 persoas traballando, así como das edicións anteriores, onde máis do 50% dos participantes lograron un traballo.
A formación que se ofrecerá no PIE Terras de Iria V será:
-Soldadura Mig/Mag
-Mantenemento e Mecánica Industrial
-Carpintería Metálica e Perfilería do Aluminio
-Mecanizado con CNC (Control Numérico Computerizado)
-Pontegrúa (adaptado á normativa UNE)
-Carretilla Elevadora (adaptado á normativa UNE)
-Prevención de Riscos
-Caixeiro/a Repoñedor/a
-Carnicería
-Pescadería
-Charcutería
-Manipulador de Alimentos
-Camareiro
-Axudante de Cociña
-Carné de camión e CAP
-Atención Sociosanitaria
-Ofrecerase tamén formación transversal en idiomas, ofimática…
O programa está dirixido a menores de 30 e maiores de 45 anos, perceptores de prestacións, mulleres e persoas desempregadas de longa duración.
O PIE Terras de Iria V está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Para máis información, chamar ao teléfono 981802062 (Concello de Dodro).