6 de xullo de 2021

Fanse públicas as puntuacións dos méritos e das entrevistas persoais vencelladas ao proceso de selección para a contratación temporal de dous peóns medioambientais, así como a resolución do mesmo pola que se fai o nomeamento de dous peóns medioambientais e se constitúe unha listaxe de agarda

A resolución pódese consultar no arquivo adxunto. 

30 de xuño de 2021

Faise pública a resolución na que se recolle a relación provisional, que se convirte en definitiva, de persoas admitidas e excluídas así como a composición do tribunal no proceso selectivo para a contratación temporal de dous peóns medioambientais polo procedemento de concurso e entrevista.

As persoas admitidas no proceso deberán presentarse á entrevista que queda fixada para o venres 2 de xullo ás 10.00 horas no salón de sesións do Concello de Rois.

A resolución pódese consultar no arquivo adxunto. 

11 de xuño de 2021

Fanse públicas as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación temporal de dous peóns medioambientais polo procedemento de concurso e entrevista. A duración do contrato será de doce meses. 

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as bases da convocatoria, o decreto de alcaldía coa aprobación das bases e o modelo de solicitude.

prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio, polo que remata o 21 de xuño