Un grupo de 20 nenas e nenos de Rois gozaron o 31 de decembro da 𝘃𝗶𝘀𝗶𝘁𝗮 𝗮 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗮𝗴𝗼 𝗱𝗲 𝗖𝗼𝗺𝗽𝗼𝘀𝘁𝗲𝗹𝗮, programada dentro das actividades do 𝗗𝗶𝘃𝗲𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮𝗹, o programa de conciliación familiar que organiza o Concello de Rois durante as vacacións de Nadal.
Durante a mañá estiveron vendo a 𝗖𝗮𝘁𝗲𝗱𝗿𝗮𝗹, repoñendo forzas na 𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗱𝗮 𝗤𝘂𝗶𝗻𝘁𝗮𝗻𝗮 e despois, na 𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗱𝗼𝗢𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼 𝗰𝗲𝗹𝗲𝗯𝗿𝗮𝗿𝗼𝗻 𝗱𝗲 𝘅𝗲𝗶𝘁𝗼 𝗮𝗻𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗱𝗼 𝗮𝘀 𝗰𝗮𝗺𝗽𝗮𝗻𝗮𝗱𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗳𝗶𝗻 𝗱𝗲 𝗮𝗻𝗼 cando soaban as doce badaladas do mediodía. Podes ver o vídeo dese momento neste enlace.
Dende aquí foron andando para coñecer a 𝗔𝗹𝗮𝗺𝗲𝗱𝗮, e poder xogar un pouco no parque infantil que está situado ao pé das escaleiras do parque que dan acceso ao campus universitario. Unha mañá divertida na que a rapazada o pasou en grande. A expedición roisense estaba formada por 20 nenas e nenos, acompañados polos monitores e monitoras que traballan no Divernadal. Nesta edición, neste programa de conciliación que de desensolve en Rois e Urdilde, participan uns 40 nenos e nenas, dos que a metade foron despedir o 2021 á Praza de Obradoiro de xeito anticipado