Desde o 14 de agosto ata o 14 de setembro, mozas e mozos de Galicia poderán solicitar as axudas para sacar o carné de conducir de coche ou de camión. A convocatoria, publicada no DOG do 13 de agosto, conta cun orzamento total de máis de 761.000 euros e está destinada a facilitar a inserción laboral da mocidade.
Para optar a estas axudas as personas deberán cumprir os seguintes requisitos: ter máis de 18 anos, levar polo menos un ano de empadroamento en Galicia e estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil figurando como beneficiarias na comunidade galega. Ademais, teñen que figurar matriculadas nunha autoescola galega ou ter un permiso B ou C obtido entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.
A axuda para a obtención do permiso de condución de clase B será de 400 euros e de 650 para o de clase C. Poden acumularse no caso de sacar os dous carnés.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente de xeito telemático na sede electrónica da Xunta e o código de procedemento é o BS321A.