Notice: session_start(): ps_files_cleanup_dir: opendir(/tmp/phptmp) failed: Permission denied (13) in /home/rois/www/wp-content/plugins/PDFBuilderForWPFormPro/Integration/Adapters/WPForm/Entry/WPFormEntryProcessor.php on line 123
Medio cento de nenos e nenas participan nas Mañás Entroideiras – Concello de Rois

Un total de 50 nenos e nenas participaron este ano nas Mañás Entroideiras, un campamento urbano de tres días de duración organizado polo Concello de Rois para facilitar a conciliación familiar e laboral durante as vacacións escolares.

O luns de Entroido a actividade desenvolveuse no CPI dos Dices e no polideportivo de Rois, mentres que o martes se trasladou ao centro educativo de Urdilde. O Mércores de Cinsa, último día do campamento, os nenos e nenas de 6 anos en adiante realizaron unha excursión ao centro comercial compostelán Área Central, onde gozaron saltando nas camas elásticas no Urban Planet Jump.

O Concello de Rois, promotor das Mañás Entroideiras, agradece a colaboración prestada polos centros educativos do municipio, que cederon as súas instalacións; así como á Asociación de Cultura e Tempo Libre Neboeira, responsable de monitorizar a actividade.

Podes ver máis fotos neste album no Facebook do Concello de Rois.