20180905 EDM Rois 2

  • O acondicionamento físico e a ximnasia rítmica ofértanse tamén por primeira vez
  • As clases de teatro do grupo Vacalouras e a animación a lectura son outras das que continúan no catálogo
  • Nenos e maiores deberán inscribirse entre o 12 e o 25 deste mes para empezar as actividades en outubro
  • Podes consultar o programa e cubrir os formularios de inscrición nos documentos adxuntos

 

A ximnasia rítmica e o xadrez, para os máis novos, e o acondicionamento no ximnasio ou a marcha nórdica, para os adultos, son novidades que este ano presenta o amplo programa de actividades de outono-inverno que ven de aprobar esta mañá a xunta local de goberno do Concello de Rois. A variada oferta da escola municipal de música; as clases de inglés ou as escolas deportivas, así como as clases de teatro do grupo municipal Vacalouras son propostas que se manteñen. O listado completo pódese consultar no arquivo adxunto.

20180904 Actividades Outono inverno RoisEntre os días 12 e 25 deste mes, as persoas interesadas deberán anotarse naquelas actividades que lles resulten máis atractivas, xa que as clases comezarán a principios do mes de outubro. O prezo das actividades varía en función de cada unha delas, e o goberno municipal ten establecidos diferentes descontos. Así, redúcese un 25% a matrícula na segunda escola ou sucesivas. Tamén haberá unha redución do 50% da matrícula para o segundo irmán ou irmá que se anote.

O programa aprobado hoxe poderá ter cambios, segundo as persoas que se matriculen en cada unha das propostas, e incluso se poderá suprimir algunha actividades se non se acada un número mínimo de participantes. Por outra banda, as prazas naquelas actividades que teñan moita demanda asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

Novidades

Entre as novidades que figuran este ano na oferta atopamos que as persoas adultas que o desexen poder poñerse en forma co acondicionamento físico no ximnasio municipal dos Dices os venres de 10.00 a 11.00 horas (40 euros o curso) ou practicar marcha nórdica, que se practica axudado con bastóns. Neste caso, os grupos adaptaranse segundo o número de interesados e o prezo mantense en 40 euros por curso.

Os máis novos poden probar este ano coa ximnasia rítmica, tanto no polideportivo de Rois coma no de Urdilde o xogar ao xadrez na biblioteca municipal de Rois (50 euros por curso cada un deles).

A excelente acollida das clases de inglés do ano pasado, leva ao equipo de goberno a volver a ofertas a posibilidade de aprender ou mellorar este idioma os mércores e venres pola tarde no edificio multiusos de Rois (sábados pola mañá para as persoas adultas). Dous son os obxectivos destas clases: aprender o idioma e preparar os exames para obter o certificado oficial, segundo caso de cada quen.

A Escola Municipal de Música de Rois segue sendo unha aposta do goberno municipal, como amosou o pasado curso co primeiro intercambio musical que alumnado e profesorado fixeron en Venecia. Para este curso o alumnado poderá seguir estudando diferentes instrumentos como guitarra, acordeón, saxofón, clarinete, etc, formar parte do coro ou participar nas clases de linguaxe musical ou conxunto instrumental.

O Grupo municipal de Vacalouras seguirá coas súas clases de teatro o luns no auditorio municipal, dirixidas a pequenos e maiores, por un prezo de 30 euros o trimestre.

Entre as actividades ofertadas para adultos figuran tamén o zumba, pilates, ximnasia de mantemento para maiores de55 anos, pilares embarazo activo, adestramento postparto ou baile latino.

As escolas deportivas para nenas e nenos inclúen, ademais da ximnasia rítmica e o xadrez, fútbol sala, patinaxe artística, bádminton, judo, iniciación multideportiva.

A animación á lectura na biblioteca municipal de Rois e na axencia de lectura de Urdilde, e s contacontos Arro-Rois, os venres alternos de 17.00 a 18.00 horas na biblioteca municipal, completan unha ampla e variada oferta de actividades da que poderá gozar toda a veciñanza de Rois independentemente da súa idade.