Con éxito de participación e de público celebrouse este domingo, 17 de novembro, a oitava edición do Mushing Montes de Rois, proba coa que se abriu nesta temporada a Liga Galega de bikejoring, patín e canicross e na que competiron máis de sesenta deportistas na compaña dos seus cans.

O VIII Mushing Montes de Rois, organizado e deseñado pola asociación Acade e incluída no calendario da Federación Galega de Deportes de Inverno, tivo saída e chegada na Peruca e contou cun fermoso e aplaudido itinerario de 3,8 quilómetros que atravesou as comunidades de montes da Pena, de Corne e de Seaxe.

En canicroos, na categoría absoluta masculina, gañou Jacobo Corbacho (Valor), seguido de Óscar Piñeiro e Eloy Suárez (Kennel Den). Na categoría feminina o primeiro posto foi para Catarina Triñanes Tedin (Kennel Den), foi segunda Mónica Touriño (Kennel Den) e terceira Julia Salvado (Acade). Entre os veteráns, o máis rápido foi Gumersindo Martínez Redondo (Kennel Den) seguido de José Antonio Piñeiro (Acade) e de Camilo Fernández (Canicross Zarkokan).Ademais, en alevín, venceu Paula Otero García, do club Acade.

En bikejoring o primeiro en cruzar a liña de meta en Rois na categoría absoluta masculina foi Ismael Fernández Diaz (Acade) por diante de Cristian Martínez (Kennel Den) e de Santiago Santiago (Canicross Pontevedra). Entre as mulleres a mellor foi Noelia Piñeiro, seguida de Mónica Touriño e de Iris Vidal, todas do club Kennel Den. Pola súa banda, Marcos Ledo (Acade) impúxose na categoría de veteráns con Roberto Valverde (Kennel Den) como segundo e Santiago Rodríguez (Acade), terceiro.

Na modalidade patin, cun can, liderou a proba Noelia Piñeiro Pérez (Kennel Den) por diante de Ángel Lira (Canicross Zarkokan) e de Susana Pérez (Balto Mushing Team); con dous cans o primero posto foi para Roberto Salvado Tejedor (Acade), con Óscar Piñeiro (Kennel Den) segundo e Gumersindo Martínez (Kenne Den), terceiro. Na categoría júnior o máis rápido foi Azeb Touriño Martínez (Kennel Den) por diante de Antía Valverde (Kennel Den).

O Mushing Montes de Rois contou coa representación dos deportistas locais Albino Mayán e Santiago Vidal na modalidade bikejoring.

Entregaron os trofeos o alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o concelleiro de Deportes, José Luis Ares.