
Máis de 350 persoas celebraron o Entroido en Rois participando nun colorido desfile no que comparsas e carrozas locais competiron con outros participantes que se achegaron de Concellos limítrofes (Padrón, Pontecesures, Valga ou Porto don Son) para optar a un dos premios das seis categorías do concurso. A gañadora no concurso de comparsas de máis de 13 membros Aquelarre portus ébora, que se desprazou dende Porto do Son. R’26 Radio foi agañadroa na categoría de comparsas de 4 a 12 membros.
As rúas de Rois enchéronse de cor coas vistosas vestimentas que utilizaron todas aspe soas participantes nas diferentes categorías: comparsas, carrozas, tríos e parellas, ou individuais. Este ano os piratas e a detención de Nicolás Maduro estivo moi presente no entroido roisense.
Este ano, os encargados de abrir o desfile dende a casa consistorial ata o pavillón de Rois foi O rebaño da Galiza Azul, moi aplaudido (ao igual qeu o resto de participantes) polas numerosas persoas que se achegaron a ver a longa comitiva.

Ao rematar o desfile comezou o concurso. O xurado, composto por Silvia Viqueira, José Manuel Gómez, Heriqueta Dasilva e Javier Rossi, encargues de avaliar as actuacións e disfraces das diferentes agrupacións participantes nun abarrotado polideportivo municipal. Máis de mil persoas viron o desfile e as actuacións das persoas participantes. O Concello repartiu este ano máis de 2.000 euros en premios.
E despois do concurso, mentres o xurado deliberaba, asociacións veciñais e colectivos roisenses invitaron a merendar aos presentes con produtos típicos do entroido, mentres o Dúo Stylo animaba a festa coa súa música.
O alcalde, Ramón Tojo, e os concelleiros Mercedes Basanta, José Lui Ares e Manuel Cobas entregaron os premios aos gañadores. Houbo tamén diploma e agasallos para todas as comparsas roisenses participantes, que foron moitas
Premiados no entroido de Rois
Despois dunha longa deliberación, o xurado do concurso de disfraces de entroido emitiu o seu veredicto cos vencedores nas diferentes categorías.
A relación de premiados é a seguinte:
Infantil individual ata 12 anos: Rubik, El Pompero e Pepa a Loba. Pirata quedou en cuarto lugar e levou un agasallo.
Individual de 12 anos ou máis: Maduro detido.
Parella/trío: As vellas da aldea, Abelliñas doces facendo mel e Os pequenos astronautas.
Comparsa infantil de 4 a 12 membros: Os de Jris e Stabilo Rois.
Comparsa xeral de 4 a 12 membros: R’26 Radio e Os piratas de Sorribas.Comparsas de 13 ou máis membros: Aquelarre portus ébora, As pericas de Porto e Plántate… que te comemos.

















