9 de agosto de 2021
Faise pública a resolución definitiva para a contratación dunha brigada contraincendios no Concello de Rois, unha vez realizada a valoración de méritos, a entrevista persoal, o recoñecemento médico e as probas físicas das persoas candidatas.
A resolución da Alcaldía pode consultarse no arquivo adxunto.
2 de agosto de 2021
Faise pública a resolución da alcaldía coa puntuación dos méritos e da entrevista das persoas presentadas ao proceso de selección para a contratación dun/ha xefe/a de equipo, dun/ha conductor/a de motobomba e de tres peóns forestais para a formación dunha brigada contraincendios. Tamén se convoca ao recoñecemento médico e ás probas físicas aos candidatos mellor valorados.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.
21 de xullo de 2021
Faise pública a resolución da alcaldía coa listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a contratación laboral con duración determinada dun/ha xefe/a de equipo, dun/ha condutor/a e de tres peóns de brigada para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal. Ademais, fíxase o tribunal cualificador e emprázase aos candidatos o venres 23 de xullo a partir das 13.00 horas no salón de plenos do Concello para a realización da entrevista.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.
8 de xullo de 2021
Fanse públicas as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación laboral con duración determinada dun/ha xefe/a de equipo, dun/ha condutor/a e de tres peóns de brigada para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o concello de Rois. A duración do contrato será de tres meses.
Nos arquivos adxuntos pódense consultar as bases reguladoras, o decreto de alcaldía coa aprobación das bases e os modelos de solicitude dependendo do posto ao que se opta.
O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.