28 de xullo de 2021
Faise pública a resolución da alcaldía coa puntuación total obtida polos aspirantes no proceso selectivo para a contratación de 1 peón forestal ao abeiro do programa Aprol Rural 2021.
A resolución recolle tamén a persoa nomeada para o posto.
Pódese consultar en arquivo adxunto.
21 de xullo de 2021
Faise pública a listaxe de pesroas admitidas no proceso selectivo para a contratación, por concurso libre, de 1 peón forestal dentro do programa Aprol Rural 2021.
A resolución da alcaldía, que se pode consultar no documento adxunto, tamén inclúe a composición do tribunal cualificador e fíxase a data da entrevista para o xoves 22 de xullo, no salón de plenos do concello, a partir das 13.00 horas.
14 de xullo de 2021
Fanse públicas as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación, por concurso libre, de 1 peón forestal dentro do programa Aprol Rural 2021. A duración do contrato será de nove meses a xornada completa.
Nos arquivos adxuntos pódense consultar o decreto de alcaldía coa aprobación das bases, así como as propias bases e o formulario de solicitude.