9 de agosto de 2021
Faise pública a resolución definitiva da Alcaldía para a contratación de dúas persoas como condutores/as de motobomba, unha vez publicada a puntuación total obtida polos aspirantes e realizados o recoñecemento médico, as probas físicas e o curso de formación.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.
2 de agosto de 2021
Faise pública a resolución da alcaldía coa puntuación total obtida polos aspirantes no proceso de selección para a contratación de dous/dúas conductores/as de motobomba. Tamén se convoca ao recoñemento médico, ás probas físicas e ao curso de formación aos candidatos con mellor valoración.
A resolución pode consultarse no arquivo adxunto.
21 de xullo de 2021
Faise pública a resolución da alcaldía coa listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar no proceso selectivo destinado á contratación laboral temporal de dous condutores de motobomba. Así mesmo, fíxase a composición do tribunal cualificador e emprázase aos candidatos o venres 23 de xullo a partir das 14.30 horas no salón de plenos do Concello para a realización da entrevista.
A resolución pódese consultar no arquivo adxunto.
8 de xullo de 2021
Fanse públicas as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de dous condutores de motobomba para participar na prevención e defensa contra os incendios forestais. A duración do contrato será de tres meses e medio.
Nos arquivos adxuntos pódense consultar as bases reguladoras, o decreto de alcaldía coa aprobación das bases e o modelo de solicitude.
O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio, polo que remata o 19 de xullo.