O club de centenarios e centenarias de Rois conta cunha nova integrante. Josefa Boullón Rey, veciña do lugar de Faro na parroquia de Buxán, recibiu a visita do alcalde, Ramón Tojo, e do concelleiro de Obras e Urbanismo, Carlos Ares, que lle entregaron un peregrino de bronce como agasallo do Concello de Rois para celebrar esta efeméride e conversar durante uns minutos.
Ramón Tojo e Carlos Ares desexáronlle a Josefa Boullón un feliz aniversario e que siga gozando de boa saúde moitos anos máis. Na actualidade, o Concello de Rois conta con tres persoas centenarias, unha delas preto de cumprir os 102 anos, e varios veciños e veciñas máis están a piques de entrar a formar parte do selecto club dos 100.