Rois conta cun novo membro no seu selecto club de centenarios. José Veiga Gandarela, que naceu na aldea da Cabanela, en Urdilde, o 18 de xullo de 1919, recibiu o venres a visita do alcalde, Ramón Tojo, e do tenente de alcalde, Manuel dos Santos, que lle entregaron un peregrino de bronce como agasallo do Concello de Rois para celebrar esta efeméride e conversar durante uns minutos.

José Veiga atópase en perfectas condicións físicas e goza de mantere longas conversas para recordar vellos tempos. A mediados do século pasado, José Veiga oi presidente provincial da Cámara Agraria da Coruña, cargo polo que fixo numerosos viaxes a Madrid para axudar a mellorar a agricultura e a gandería da provincia. Toda a súa vida estivo vinculada á agricultura e a gandería dende a parroquia de Urdilde. Hoxe aínda mantén numerosas hectáreas de monte plantadas e limpas de maleza.

Durante a visita, ademais destas e outras moitas anécdotas, algunhas relacionadas coa Guerra Civil, José Veiga conversou cos dous representantes do goberno de Rois sobre temas de actualidade. Ramón Tojo e Manuel dos Santos desexáronlle un feliz aniversario e que siga gozando de voa saúde moitos anos máis.

20190719 Jose Veiga Manuel dos Santos