19 de agosto de 2021

Faise pública a resolución final para o nomeamento dun/unha técnico/a de turismo para os concellos de Rois, Dodro e Lousame.

No arquivo adxunto pode consultarse a puntuación obtida polos aspirantes no proceso de selección e a resolución do nomeamento.

13 de agosto de 2021

Fanse públicas a listaxe provisional e definitiva para a contratación dun/unha técnico/a de turismo para os concellos de Rois, Dodro e Lousame, así como o nomeamento do tribunal e a data celebración dos exercicios de oposición e da entrevista, que terán lugar o martes 17 de agosto de 2021.

No arquivo adxunto poden consultarse as listaxes, o tribunal e a data e horarios das probas da fase de oposición e entrevista.

15 de xullo de 2021

Fanse públicas as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación en réxime laboral temporal dunha persoa técnica de información turística para os concellos de Dodro, Lousame e Rois. A duración do contrato será de catro meses.

prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días naturais, que comezan a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio.  

Nos arquivos adxuntos pódense consultar o decreto de alcaldía coa aprobación das bases, así como as propias bases, o formulario de solicitude e o temario.