Os Concellos de Rois e Padrón programan unha viaxe a Inglaterra durante os días 10 e 24 de xullo, co propósito de que serva de experiencia cultural e de inmersión lingüística para as nenas e nenos de 10 a 17 anos. A cidade escollida para esta experiencia é Loughborough. A viaxe inclúe voos de ida e volta, seguro multiasistencial e aloxamiento en residencia.
Esta cidade atópase no leste de Midlands de Inglaterra. Atópase a 20 minutos das tres famosas cidades de Leicester, Nottingham e Derby. É unha agradable urbe de mercado rodeada polos fermosos outeiros de Soar Valley e Charnwood Forest. Está ben comunicada polas principais rutas de estradas e ferrocarrís, e hai moitas zonas verdes e parques cunha mestura de edificios modernos e victorianos. Loughborough está a 160 km ao noroeste de Londres e ten unha estación de tren con trens directos aos destinos turísticos de Birmingham e Robin Hood Sherwood Forest (25 minutos de viaxe). O centro da cidade é un atractivo destino de lecer e entretemento.
A escola na que estudiarán os participantes atópase na Universidade de Loughborough, o campus máis grande do Reino Unido. O campus aseméllase a un pobo pequeno e é famoso pola súa clase, vida e especialmente polas súas instalacións deportivas, incluída unha piscina olímpica. Ofrece unha gran cantidade de espazos abertos, xardíns e áreas deportivas combinadas con edificios académicos e aloxamento para estudantes. Este é un ambiente universitario independente con restaurantes e tendas no lugar. A universidade ofrece aos estudantes unha vida segura e a aprendizaxe. A cidade está a só 15 minutos a pé do campus e tamén se pode acceder facilmente en autobús.
Os estudantes aloxaranse nuns confortables cuartos individuais ou dobres con baño compartido, con todas as comodidades que a residencia lles facilitará.
As actividades que realizarán inclúen unha fin de semana en Londres (2 días, 1 noite; cruceiro polo río e unha comida no Planet Hollywood ou Hard Rock Café incluído, traslados desde / cara a Londres a un hotel en autocar privado), unha excursión de día completo a Cambridge e a Kings College e unha excursión de día completo a York e ao Museo Viquingo.
A estancia inclúe voos ida e volta con transfer incluído desde A Coruña. Seguro multiasistencia, de saúdo e responsabilidad civil. Aloxamento en residencia.
O Precio total é de 1.910€