Ábrese o presente rexistro para regularizar a situación das asociacións do Concello, que previamente adaptaron os seus estatutos á Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións.
As inscricións no REXISTRO XERAL DE ASOCIACIÓNS e no REXISTRO MUNICIPAL DE ASOCIACIÓNS son requisitos imprescindibles para que as asociacións poidan tramitar e recibir subvencións ou asinar convenios tanto co concello como coas demais administracións (autonómica, provincial ou estatal).
Para que unha asociación poida inscribirse no Rexistro Xeral de Asociacións é preciso realizar os trámites que se detallan na páxina web da Xunta de Galicia. A información completa, modelos de estatutos e todo tipo de impresos obtéñense na mencionada páxina.
Unha vez inscritos neste rexistro debe solicitarse a inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións deste concello, presentando a seguinte documentación:
- Estatutos da Asociación.
- Número de inscrición no Rexistro Xeral de Asociacións.
- Nome das persoas que ocupan os cargos directivos.
- Domicilio social.
- Presuposto do ano en curso.
- Programa de actividades do ano en curso.
- Certificación do número de socios, asinada polo Secretario/a da entidade.
- Fotocopia da tarxeta do C.I.F.
Nos primeiros meses de cada ano abrirase un prazo para que as distintas entidades coa súa documentación en regra e inscritas nos correspondentes rexistros, soliciten subvencións para financiar os seus programas de actividades.
Para solicitar axudas económicas é preciso presentar unha solicitude xuntando o programa de actividades, o presuposto de gastos e ingresos e a memoria de actividades do ano anterior.