Numerosos afeccionados acudiron este domingo a gozar co I Trial de Urdilde, organizado pola Liga Galega de Moto de Campo en colaboración co Concello de Rois. Todo un éxito de público e participantes, ao que contribuíu a boa organización da proba, na que participaron os seguintes pilotos de Rois: Juan Manuel Chico Lapido, José García Rey, Manuel García Sampayo, Miguel Laíño Vázquez, Javier Neo Folgar, Luis Neo Folgar, Xurxo Neo Suárez (de 10 anos), Gustavo Sánchez Guillermes e Ricardo Suárez Tourís. Aquí deixámosvos algunhas fotos desta cita. Podes consultar ás clasificacións nesta ligazón: https://docs.google.com/spreadsheets/d/e/2PACX-1vSEYhAVwjpHonWeAMEsr8FgnAuHZEKkCRXe01Nf8W5QUeKbTn6zL0pRM56GQVLhKeRIn2_xJg_f8v0R/pubhtml