A campaña da Xunta ‘Galicia Sabe Amar’ chega o vindeiro martes 12 de setembro ao Concello de Rois.
Unha das catro foodtrucks que conforman esta iniciativa situarase diante do Concello en horario de 12.00 a 15.00 e de 18.00 a 21.00 horas para ofrecer á veciñanza petiscos realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.
A campaña naceu no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
Milfollas de brandada de lirio e marmelada de pementos vermellos de Arnoia con wakame, fusión de mexillóns ao vapor Galicia Thai ou petisco de berberechos do selo pescadeRías con guacamole de pementos de Arnoia asados e wakame son algunhas das receitas que se preparan no fooftruck.