O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de novembro de 2019, adoptou o acordo de aprobación inicial do expediente para a desafectación do dominio público local dun terreo que aparece como camiño municipal con referencia catastral 15075B504090670000GJ, situado no lugar de Liñares (Costa), coa forma límites e extensión que derivan da súa descrición no informe técnico.
Sométese o expediente a información pública durante o prazo dun mes, a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia ( BOP).
O anuncio saiu publicado hoxe no BOP e pódese consultar no documento adxunto.