20191101 Rois exposicion artesania2

O edificio multiúsos de Rois acolle ata o vindeiro 15 de novembro unha exposición na que se poden contemplar as obras que participaron no XII Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas que convocou a Deputación Provincial da Coruña o ano pasado.

En consideración á importancia que para o desenvolvemento social e cultural ten a atención a aquelas manifestacións artísticas que, como a artesanía, son sinais de identidade dun pobo e ao tempo mostra da vixencia e pulo das tradicións, da súa capacidade innovadora e creativa e do diálogo coa idiosincrasia popular no campo social, cultural e económico, a Deputación da Coruña convocou o XII Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas.

As gañadoras desta edición foron Carla Canedo Martínez, na modalidade tradicional, coa obra ‘Un sapo, unha muller’ e, na categoría contemporánea, Rosa Fernández Iglesias e María del Carmen Villalva Caramés coa súa obra ‘E miraremo-las ondas. Once cantigas do mar de Vigo’.

A veciñanza de Rois, e todas as persoas que se acheguen ata o multiúsos poderán ver as obras que participaron neste certame nunha exposición que se poderá visitar ata o venres 15 de novembro.