O vindeiro domingo 23 de setembro, ás 19.00 horas, inaugúrase en Rois a exposición ‘Artesanía e Camiño’, na que participan as persoas artesás e artistas do municipio.
A mostra está organizada polo Concello de Rois en colaboración coa Fundación Camiño Portugués de Santiago. Estará exposta ao público no edificio multiusos ata o 31 de outubro.