O Concello de Rois volveu apostar polas compañías galegas de referencia para as actividades recollidas na III Mostra de Teatro, que se celebrou os días 18, 19 e 20 de outubro. ‘Carapuchiña Vermella’, de Educa Teatro, ‘Fillos do Sol’ e ‘Vida de Cans’ de Cándido Pazó congregaron a decenas de veciños e veciñas no edificio multiusos do municipio, que pasaron un moi bo rato durante as tres xornadas.

O venres foi o turno de ‘Fillos do Sol’, o espectáculo dirixido e coproducido por Cándido Pazó que achegou aos asistentes un punto de vista novo a través do cal coñeceron ao escritor Eduardo Pondal e ‘Os Eoas’, a obra que ocupou toda a súa vida.

O sábado Talía Teatro continuou coa mostra da man de ‘Vida de Cans’unha comedia para maiores de 13 anos que conta a historia de Nemo, Lupo e Nolo, tres cans que apesares de estar moi ben atendidos, anhelan a liberdade.

O domingo o clásico ‘Carapuchiña vermella’ chegou da man Educa Teatro e nunha versión musical para toda a familia que fixo que os maiores rememoraran a súa infancia e que os máis cativos coñeceran esta historia chea de sorpresas.

Esta III Mostra de Teatro de Rois foi un éxito de asistencia gracias ao apoio das familias do municipio que non quixeron perder ea oportunidade de gozar destas tres tarde diferentes cargadas de teatro.