20180927 Excursion San FroilanO Concello de Rois organiza unha excursión ás festas do San Froilán en Lugo, que terá lugar o vindeiro sábado 6 de outubro. O prezo é de 30 euros por adultos e 15 euros por nenos e nenas (menores de 12 anos); e inclúe xantar, seguro de viaxe e autobús.

As inscricións deberán realizarse no Concello de Rois antes do mércores 3 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00 horas. No momento de apuntarse hai que presentar o xustificante de pagamento, que se realizará nas contas do Concello: 

  • ABANCA: ES87 2080 0328 9831 1000 0033
  • BANCO POPULAR (PASTOR): ES78 0328 8229 7006 6000 0271

O Concello resérvase o dereito de anular a excursión en caso de non cubrir un mínimo de prazas.