Este domingo, 9 de xullo, regresa o Torneo Interparroquial de fútbol 9 do Concello de Rois coa disputa da súa edición número 17.
O campo da Braña, en Seira, acolle a fase de grupos coa participación dos equipos Herbogo, Oín e Urdilde (que formarán parte do grupo 1) e Ribasar, Sorribas e Buxán (dentro do grupo 2).
Os encontros desta primeira xornada celebraranse ás 19.00, 20.00 e 21.00 horas nos campos 1 e 2.
A xornada final terá lugar o vindeiro domingo, día 16, coa disputa das semifinais, dos encontros polos postos sexto a terceiro, así como a gran final ás 21.00 horas. A entrega de premios será a partir das 22.00 horas.
Pódense consultar os horarios no cartel do torneo.