MATRÍCULA: CURSO 2020-2021
Ven tocar con nós. No curso escolar 2020-2021:
- Se tes entre 3 e 7 anos podes bailar, cantar e tocar con Música e movemento.
- Dos 8 anos en diante traballa o ritmo musical, a entoación e a teoría en Linguaxe musical, ao tempo que aprendes a tocar un instrumento, para máis tarde pasar a formar parte da banda de música, de agrupacións de música de cámara, e demais agrupacións da Escola.
Algunha das actividades que realizaremos neste curso:
- Preparación para o ingreso no Conservatorio do alumnado de Grao Profesional.
- Música con maiores. Concertos durante todo o curso – Concertos didácticos.
- Intercambios musicais con outras escolas
- Novidade: HARMONÍA E CREACIÓN MUSICAL (a partir dos 12 anos).
¿QUE INSTRUMENTOS PODO ELIXIR?
FRAUTA ♫ ÓBOE ♫ FAGOT ♫ CLARINETE ♫ SAXOFÓN
TROMPETA ♫ TROMPA ♫ TROMBÓN ♫ TUBA
VIOLÍN ♫ VIOLA ♫ VIOLONCHELO ♫ CONTRABAIXO
ACORDEÓN ♫ GUITARRA ♫ BAIXO ELÉCTRICO ♫ PIANO
PERCUSIÓN ♫ BATERÍA ♫ CANTO
ANÍMATE, CUBRE A MATRÍCULA NO REVERSO E ENTRÉGAA NAS OFICINAS DO CONCELLO DE ROIS.