Tamén os cinco representantes do Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima que forman parte da expedición puideron actuar, interpretando dúas pezas que levantaron numerosos aplausos entre o público presente coa súa interpretación de “Fontefría” e “Avideira”. Na actuación de hoxe, os membros da ESMU de Rois interpretaron dúas pezas: “Quen poidera namorala” e “Imagine”, cantada por Romina Pérez, Sabela Rodríguez e Iria Rodríguez. Ana Salvado e Aroa Boga (coros), Jacobo Cristobo (baixo), Martín Diéguez (guitarra), David García, Andrea García e María González (teclado), Xoel Cristobo (batería) e Manuel Villar (trompeta), dirixidos por Esperanza Mara Filgueira, conformaron o grupo de Rois, que conseguiu que os espectadores se puxeran de pé formando un círculo collido das mans. O grupo de Chorima está formado por Olimpio Iglesias, Antía Vicente, Eva Somoza, Sara Grille e Begoña Ares. Más información en: https://www.facebook.com/notes/concello-de-rois/a-esmu-de-rois-e-chorima-conquistan-aos-italianos-do-instituto-comprensivo-franc/2028586080736832/